ANXO SOMOZA REPRESENTARÁ A ESPAÑA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE TRAIL-O 2026 EN POLONIA
Anxo Somoza, do Club Gallaecia Raid, formará parte da selección española no Campionato de Europa de Trail-O (ETOC 2026), en Szczecin (Polonia) do 29 de xullo ao 4 de agosto de 2026.
O evento abrirá o 31 de xullo coa proba de TempO, o 1 e 2 de agosto disputaranse probas de PreO o e finalmente as Remudas o 3 de agosto.
Toda a información está dispoñible neste enlace.
Dende a FEGADO trasladámoslle a noraboa a Anxo e enviámoslle moita sorte
