Abertas as inscricións para o I Trofeo de Orientación Concello de Ribeira
Ábrense as inscricións para o I Trofeo de Orientación Concello de Ribeira que se vai celebrar o vindeiro 1 de xuño.
Consta de dúas probas: unha de media distancia pola mañá no Monte de San Alberto e un sprint urbano en Corrubedo pola tarde.
A proba da mañá forma parte da Liga Transfronteiriza e, por outro lado, as dúas probas son Campionato Xunta de Galicia das distancias media i sprint respectivamente.
Podedes atopar máis información nos boletíns correspondentes.
Animádevos a participar!