Noticias

NOA RODRÍGUEZ TOP 10 NA DISTANCIA MEDIA DO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO

Mora (Suecia) acolleu entre os pasados 26-30 de agosto o Campionato do Mundo de MTBO Absoluto e Junior.

Catro deportistas galegos formaron parte da Selección Nacional: Sofía Martínez e Kike Chousa na categoría elite e Noa Rodríguez e Mario López en junior.

Entre os nosos deportistas, destacamos a 10ª posición de Noa Rodríguez na distancia media en F20

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todo o equipo nacional

Toda a información e os resultados completos están dispoñibles neste enlace