A SEGUNDA PARTE DO CAMPIONATO IBÉRICO DE MTBO DISPUTOUSE ESTA FIN DE SEMANA EN PORTUGAL
A localidade de Pombal (Portugal) acolleu esta fin de semana a segunda parte do Campionato Ibérico de MTBO baixo o nome de XVIII Ori BTT NADA.
O evento estivo formado por unha proba de distancia media disputada o sábado 17 e unha mass start celebrada o domingo 18. Os resultados destas dúas carreiras sumáronse á longa distancia e ao sprint disputados o pasado mes de marzo en Extremadura, na primeira fase do Campionato Ibérico de MTBO.
Coa suma dos resultados de ambos eventos, no cómputo xeral do Campionato, Lía Rodríguez e Sofía Martínez (ambas do Club de Orientación Compás) recolleron a medalla de prata en D15 e D20; mentres que Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) e Juan Combarro (Club O Pasatempo Betanzos) tamén se proclamaron subcampións en H20 e H40, respectivamente. Pola súa banda, os bronces en D17 e en D40 foron para Noa Rodríguez (Club Orientación Compás) e Alicia Pérez (Club Aromon de Pontevedra).
A FEGADO traslada a noraboa a tod@s!
Os resultados das probas están dispoñibles aquí.