EXCELENTES RESULTADOS PARA OS EQUIPOS GALEGOS NO CAMPIONATO IBÉRICO DE ROGAINING
O Clube de Aventura da Bairrada organizou este sábado 27 de setembro o Campionato Ibérico de US-Rogaining na localidade portuguesa de Cantanhede.
Os equipos galegos tiveron unha destacada actuación neste Campionato, con seis podios en diferentes categorías. En Masculino Elite, o equipo Gallaecia Raid Correcamiños, formado por David Senra e Iván Somoza, proclamouse Campión Ibérico. Pola súa banda, o Raza Palleira, con Pedro López e Yevheniya Chystyakova, conseguiu a segunda posición na categoría Mixto Elite. En Veteranos Masculino, o equipo Gallaecia Raid Calambres Team, integrado por Carlos de la Vega e Roberto Verde, completou o podio cun terceiro posto.
Nas categorías de Superveteranos, o conxunto Aromon, formado por Javier Alvelo, Carlos Morais e Chus Abilleira, conseguiu a primeira posición en Mixto, seguido do COC-Club de Orientación Compás, con José Bolrao e Concepción González Bello e o Gallaecia Raid Ultra, formado por José Luis García e Juan Patiño, acadou o terceiro postoen Masculino.
Dende a FEGADO trasladamos os parabés a tod@s!
Máis información e resultados completos aquí
