O EQUIPO RAZA PALLEIRA PROCLAMOUSE ESTE SÁBADO CAMPIÓN IBÉRICO DE ROGAINE
O pasado sábado 4 de novembro a provincia de Cáceres acolleu o "I Rogaine do Outono Máxico", a última proba da Liga Española de U-Rogaining este 2023, ademais de ser o Campionato Ibérico desta modalidade.
Varios equipos galegos desprazáronse ata Extremadura para competir neste evento. O conxunto Raza Palleira, integrado por Xoel Chamorro e Jennie Börjesson , proclamouse campión na categoría Senior Mixto.
Dende a FEGADO damos a noraboa a todas as persoas participantes e agradecemos a organización da FEXO e do Club Alcor.
Os resultados completos pódense consultar aquí