Noticias

DOUS EQUIPOS GALEGOS COMPITEN NO ADVENTURE RACE CROATIA 2022

Dous equipos galegos forman parte dos 60 equipos que están competindo estes días no Adventure Race Croatia 2022, unha das probas das Series Mundiais de Raids de Aventura (ARWS).

A competición comezou o pasado luns 16 de maio e remata este venres 20, tras 104 horas e 550 km de carreira, divididos en seccións de trekking, kayak, MTB, cordas e orientación.

Os nosos equipos son o 9. Budiñoraid Concello do Porriño (Carlos Amil, Victor Manuel Mouriño, Daniel Adam Mckay e Isabel Santana) e o 41. Team Keltoi (Felipe Peña, Marcos Varela, Juan Carlos e Ester Hernández).

Moito ánimo!


Achégase o enlace á web do evento para máis información. Podedes seguir en directo aos equipos por GPS en Tracktherace.