PORTUGAL ACOLLEU A SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO IBERICO DE MTBO ESTA FIN DE SEMANA
Loulé (Portugal) recibiu esta fin de semana o "III Trofeo ORI MTB Duarte Lourenço", que foi puntuable para a Copa Portuguesa e a Liga Española de MTBO. Disputáronse tres probas, media longa e sprint. As probas de longa e sprint decidiron os novos Campións Ibéricos destas disciplinas e a media distancia, xunto tamén coa longa distancia, foi valedeira para o ranking internacional (World Ranking Event, WRE).
Na distancia sprint, Sonia Gómez e Francisco Varela (ambos do Club de Orientación Compás) proclamáronse campións ibéricos en D50 e H60.
Na proba de distancia longa, Sonia Gómez repetiu primeira posición en D50 e Claudia Oreiro (Club Gallaecia Raid) conseguiu o bronce nesta categoría. Enrique Álvarez (Club Gallaecia Raid) foi tamén terceiro en H55 e Paulina Mosquera campioa en D55.
Parabéns a tod@s!
Os resultados completos están dispoñibles neste enlace.
