Noticias

CULLEREDO ACOLLEU O PASADO SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE ROGAINE

O pasado sábado 9 de setembro, o Concello de Culleredo acolleu o Campionato Galego de Rogaine, que tamén foi puntuable para a Liga Española desta modalidade, polo que a proba recibiu a deportistas de todo o territorio nacional.

Nas categorías Senior, os equipos campións foron o Endurance COCO (Yago Abeledo, Verónica Bugliot e Borja Varela) en senior mixta e o Keltoi (Felipe Peña, Marcos Varela) en senior masculina. O Club Fluvial Lugo @s Castrex@s (Diego Indalecio Fernández, Sonia Méndez, José Manuel Nogueras) e o Raza Palleira (Antonio Domínguez, Gonzalo Fernández e Adrián Pérez) proclamáronse subcampións en Senor Mixta e Masculina, respectivamente; mentres que as medallas de bronce foron para A2 Brigantia (Ángel García e Ana Varela) en mixto e Gallaecios 2.0 (Francisco López e David Senra) en masculino.


Parabéns a todos os deportistas e tamén ao Club Gallaecia Raid pola organización deste evento!

Máis información e resultados completos aquí.