Noticias

CENSO INICIAL 2026

Decreto Electoral Inicial


Circular 1/2026 ? Instrucións do Proceso Electoral 2026

Decreto 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, modificado polo Decreto 171/2021, do 23 de decembro (TEXTO CONSOLIDADO)

Publicación do Censo Inicial ? Proceso Electoral 2026


Dando cumprimento á normativa que regula os procesos electorais deportivos, informamos a todos os nosos federados e federadas de que, dende 23/02/2026, quedou exposto para a súa consulta na oficina desta Federación, na web en transparencia o Censo Inicial para as vindeiras Eleccións 2026 á Presidencia, Asemblea Xeral e Comisión delegada.

Onde consultar o censo?

O censo permanecerá exposto durante un prazo de dez días naturais nos seguintes puntos:

  • Nesta mesma páxina web, dentro da sección denominada «ELECCIÓNS 2026».
  • No taboleiro de anuncios da sede da Federación Galega de Orientación e nas súas delegacións territoriais.

Cal é o obxectivo desta publicación?

A exposición pública do censo inicial ten como finalidade que todas as persoas e entidades interesadas poidan verificar a corrección dos seus datos. Durante este período, poderanse presentar as reclamacións que se consideren oportunas para emendar posibles erros ou omisións antes da aprobación do censo definitivo.

Información importante para as Entidades Deportivas

No caso dos clubs e entidades deportivas, o censo debe incluír o nome, enderezo, número de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, correo electrónico e a identificación do seu representante legal.

  • Representación por defecto: No censo inicial figura como representante a persoa que ostenta a presidencia da entidade segundo os datos obrantes na Federacion Galega de Orientación.
  • Cambio de representante: Se a entidade desexa que o dereito ao voto sexa exercido por unha persoa distinta (que obrigatoriamente debe ser membro da súa xunta directiva), pode solicitalo dentro deste prazo de dez días.
  • Acreditación: Para realizar este cambio, deberá presentarse un certificado expedido polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia ou, no seu defecto, un certificado asinado pola persoa que exerza a secretaría da propia entidade.

Prazos e procedemento de reclamación

O prazo para presentar calquera reclamación ou solicitude de modificación de datos é de dez días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Todas as comunicacións (reclamacións ao censo ou cambios na representación das entidades) deberán enviarse por escrito á Secretaría Xeral da Federación a través do seguinte enderezo de correo electrónico: secretaria@fegado.es

Unha vez finalizado o prazo, a Xunta Directiva procederá á resolución das reclamacións e á emenda do censo no prazo de cinco días naturais.