Adestramento MTBO do Club Gallaecia aberto a persoas federadas | Arzúa 6 de xullo 2026
Publicamos dende a FEGADO a presente noticia para dar difusión a esta interesantísima actividade de adestramento organizada polo Club Gallaecia que conta co aval dos trazados de Ángel García García.
O obxectivo é promover a especialidade da MTBO e dar continuidade á preparación das persoas deportistas de cara a próximas competicións.
Agradecemos que o Club Gallaecia que abra o adestramento a outras persoas federadas do ecosistema FEGADO.
Atoparás un formulario de inscrición no contido do boletín adxunto onde poderás escoller entre tres percorridos diferentes.
Se pensas participar debes estar atento á publicación do BOLETÍN FINAL con información máis detallada (perfil e rutómetro con enlace aos tracks) que será adxuntado nesta mesma noticia a partir do día 1 de xuño.
