Noticias

MADRID ACOLLEU O I TROFEO IMPERDIBLE DE MTBO ESTA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana a Comunidade de Madrid acolleu o I TrofeoImperdible de MTBO, organizado polo Club Imperdible e a FEMADO. O evento estivo integrado por tres probas puntuables para a Liga Española (Sprint, Media e Longa), que ademais foron probas de selección para os deportistas aspirantes a representar a España nas competicións internacionais desta tempada.

Na distancia Sprint, Sonia Gómez (Club de Orientación Compás) foi primeira en F50 e Noa Rodríguez e Francisco Varela (tamén do Club de Orientación Compás) remataron en segundo lugar en F20 e en M60. Martín Casado (Club O Pasatempo) logrou o bronce en M17, mentres que Paulina Mosquera e Enrique Álvarez (Club Gallaecia Raid) foron tamén terceiros en F55 e M55. Nesta proba, as categorías de FE, M20 e M40 foron anuladas polo Xurado Técnico ao ser subtraída unha das balizas do percorrido.

Na distancia media, Sonia Gómez repetiu primeiro posto en F50 e Noa Rodríguez volveu a acadar a prata en F20, mentres que o segundo na categoría masculina foi Mario López (Club O Pasatempo Betanzos). As segundas posicións en M40, F50 e M60 foron para Rodrigo Rodríguez (Club Orientación Compás), Claudia Oreiro (Club Gallaecia Raid) e Francisco Varela, respectivamente. Martín Casado e Enrique Ávarez recolleron o seu segundo bronce en M17 e M55.

Finalmente, na distancia longa Noa Rodríguez, Mario López e Sonia Gómez acadaron o ouro en F20, M20 e F50. Martín Casado foi segundo en M17, así como Paulina Mosquera en F55 e Francisco Varela en M60. Enrique Chousa rematou terceiro en ME e Lia Rodríguez e Rodrigo Rodríguez (ambos do Club de Orientación Compás) en F20 e en M40. Tamén conseguiron o bronce David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) en M50 e Teresa Silvarrey (Club Gallaecia Raid) en F55.

Os resultados completos pódense consultar neste enlace.

Parabéns a tod@s!