Noticias

ANXO SOMOZA LOGRA UN DIPLOMA NAS REMUDAS DO CAMPIONATO DE EUROPA DE TRAIL-O

O pasado 3 de agosto deuse por finalizado o Campionato de Europa de TrailO 2026, desputado en Szczecin (Polonia), no que participou o noso deportista Anxo Somoza (do Club Gallaecia Raid) como integrante da Selección Nacional na categoría Junior. O evento estivo formado por unha proba de TempO, dúas de PreO e as remudas.

Destacamos a décima posición de Anxo na final do TempO e o diploma obtido polo seu equipo nas remudas ao finalizar en cuarta posición.

Os resultados completos están dispoñibles neste enlace