SELECCIÓN GALEGA [act. ma 01 xuño] Campionato de España de Seleccións Autonómicas CESAOP 2026 vi19, sa20, do21 e lu22 de xuño | Barcarrota e Jerez de los Caballeros (Cáceres) | 19, 20, 21 e 22 de xuño de 2026
Adxuntamos a relación das 24 persoas deportistas propostas para a participación nas seleccións INFANTIL, CADETE e XUVENIL que representarán a Galicia no Campionato de España por Seleccións Autonómicas en Idade Escolar de Orientación a Pé 2026 (CESAOP 2026).
Listaxe v0. Agradeceamos que as persoas seleccionadas confirmen canto antes a súa asistencia na conta oripe@fegado.es para poder reorganizar os equipos e activar as reservas con marxe suficiente. Data e hora límite para a confirmación: venres 5 de xuño ás 23:50 horas.
Punto de entrega e recollida das persoas deportistas: A Coruña (Pavillón Elviña), Santiago (Estadio Vero Boquete) , Lalín (Hotel Norat Torre Deza), Ourense (Pavillón dos Remedios) e A Gudiña (Café Suizo).
Acreditacións. IMPRESCINBIDLE vir provistos do DNI orixinal e dos dereitos de imaxe dos participantes, tamén orixinal e asinado (se adxuntará ligazón para descarga). Serán entregado ao Xefe da Delegación de FEGADO.
Técnic@s da FEGADO (6). Xefe Delegación: Jorge Piñeiro. Técnic@s categorías das categorías infantís: María Piñeiro e Marcos Silvarrey. Técnicas das categorías cadetes: Sonia Arias e Sofía Gómez | Técnica das categorías xuvenís: Alba Dopico.
Aloxamento, manutención e desprazamentos. Por conta da FEGADO (actividade 100% de balde).
Información do evento. Adiantamos na ligazón adxunta a información que aporta a organización: programa, horarios, etc.
[proximamente] Boletín da DELEGACIÓN FEGADO. Adxuntaremos información máis detallada en próximo boletín (qué levar, etc.).
Dúbidas: escribe á conta oripe@fegado.es
Parabéns a todos/as !!!
