Noticias

CINCO EQUIPOS GALEGOS PARTICIPARON A PASADA FIN DE SEMANA NO PYRENE RAID 2026

Entre os pasados 22-24 de maio, a comarca da Jacetania, nos Pirineos, recibiu a terceira edición do Pyrene Raid, organizado polo Club Peña Guara e puntuable tanto para a Liga Española como para as Series Europeas de Carreiras de Aventura (ARES).

O evento contou coa participación de preto de 90 equipos de todo o continente europeo , entre os que se atopaban cinco equipos galegos.

Para a categoría elite, tratouse dunha proba non-stop para completar nun tempo máximo de 29 h, cun total de 184 km e 7200 metros de desnivel positivo, divididos en seccións de trekking, BTT, orientación a pé, vía ferrata, barranco e tiro láser.

Os resultados completos pódense consultar neste enlace