Noticias

Prazo de reclamacións ao censo e solicitude do voto por correo

Recórdase que ata o 23 de xuño podedes presentar ante a Xunta Electoral por medio de escrito ao correo-e juntaelectoralfegado@gmail.com as reclamacións que consideredes oportunas ao censo provisional.

Tamén é o momento de comunicar á Xunta Electoral o estamento no que queredes quedar encadrados os/as que aparecedes en máis de un, tendo en conta que si non comunicades nada, quedaredes no primeiro no que aparecedes por esta orde: técnicos, xuíces e deportistas.

Recórdase tamén que o día 21 de xullo remata o prazo para solicitar o voto por correo segundo instrucións do artigo 30 do Regulamento Electotal.