Noticias

CATRO DEPORTISTAS DA FEGADO FORMARÁN PARTE DO EQUIPO NACIONAL NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO A PRÓXIMA SEMANA EN SUECIA

Mora (Suecia) acolle entre do 24-30 de agosto o Campionato do Mundo de MTBO Junior e Absoluto (WMTBOC y JWMTBOC 2026). O evento estará ao cargo da Federación Sueca de Orientación e do club IFK Mora e constituirá a terceira proba da Copa do Mundo CX80.

O Campionato incluirá unha proba de media distancia, unha longa distancia, sprint e remudas. Entre os integrantes da Selección Española atópanse os nosos orientadores Enrique Chousa e Sofía Martínez na categoría Elite e Mario López e Noa Rodríguez en Junior.

Enviamos moita sorte a tod@s @s participantes!