Noticias

Resultados da I UltraBTT - Ordes

Xa están publicados os resultados da I UltraBTT - Ordes organizada polo Club SEO.

Agradecemos enormemente a participación de todos os equipos e agardamos que fora do voso agrado, así como un reto pola distancia e dificultade da proba.

Debido á diferencia entre a distancia indicada nos boletíns informativos coa final (de 70 pasouse a 90 kilómetros), permitimos aos equipos que entraron no seguintes 15 minutos despois do peche computar para a clasificación, xa que é un tempo que consideramos que non interfire na planificación da mesma.

Ademáis do arquivo de clasificación, adxuntamos os mapas utilizados durante a proba, por si algún equipo ou corredor está interesado en revisalos ou realizar de novo esta etapa.

Un saúdo e moitas grazas a todos pola vosa participación.

No evento adxunto dispoñedes dos documentos indicados.

Evento relacionado

I Ultra BTT de Orientación