PUBLICADO O BOLETÍN 1 DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE DISTANCIA LONGA DE O-PÉ
Xa está dispoñible o boletín 1 da 6ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé, que será tamén o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Longa de O-Pé, e terá lugar o vindeiro sábado 12 de setembro de 2026 no mapa de Pena dos Monteiros (Goente, As Pontes de García Rodríguez).
A competición, organizada pola Sociedad de Montaña Ártabros, estará enmarcada no III Galicia O Meeting, unha cita que nace co obxectivo de dar a coñecer os mapas e terreos de Galicia entre a comunidade orientadora de toda a Península. O programa completarase o domingo 13 de setembro coa 7ª proba da Liga Galega de O-Pé, organizada polo Liceo.
Animádevos a participar!
