MAR DELGADO PROCLAMOUSE CAMPIOA DE ESPAÑA DE US MTBO EN F-ELITE O PASADO SÁBADO EN ALBACETE
O pasado sábado 9 de maio Villa de Ves (Albacete) recibiu o Campionato deEspaña de Ultrascore MTBO-VII Trofeo Quijotes, organizado polo club BMTCasas de Ves.
O percorrido permitía aos orientadores completar ata 150 km, aínda que debido á extensión e á esixencia física e técnica do terreo, os mellores clasificados completaron preto de 110 km con máis de 2500 metros de desnivel positivo.
Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos) proclamouse campioa en FElite e Sara Nogueras (Club O Pasatempo Betanzos) tamén logrou o ouro en F20. Na categoría F50 completaron o pódium Claudia Oreiro (Club Gallaecia Raid), Fernanda Follana (Club Orientación Compás) e María Esther Barreira (Club O Pasatempo Betanzos), mentres que en M55 Enrique Ávarez (Club Gallaecia Raid) conseguiu a prata.
Os resultados completos están dispoñibles neste enlace
